Festival Antrospinos 2018

XI edición do Festival Antrospinos, en Taragoña
FAP Festival Antrospinos Taragoña Rianxo Campo Maneiro 2018
Barbanza-Arousa » Rianxo
27 Xullo a 28 Xullo

A Asociación Festival Antrospinos organiza un ano máis este festival, coa colaboración do Concello de Rianxo e a Deputación da Coruña, no lugar de Campo Maneiro (Taragoña) os días 27 e 28 de xullo.

Cunha afluencia fiel e cada vez maior, volverá a ser de balde, con acceso ao festival, á zona de acampada libre e ás duchas habilitadas para a ocasión. Durante o día destacan a matraquillada, na que matraquillos, chimpíns e tractores sairán en procesión cara o campo da festa (Campo Maneiro), así como o xantar popular e o ambiente festivo.

Polo escenario do festival pasarán grupos galegos e de fóra da talla de Ruxe Ruxe, Vadebo, Zënzar, Skama La Rede, Ezetaerre, Cuarta Xusta, Orquesta Neverloura, Enxebre, Pinchadiscos Ferromona e De La Cruz Show.

Consulta a información turística de Rianxo, as novas do Concello, e sigue a actualidade na páxina de facebook de Turismo Rianxo.

Rianxo, o mar feito tradición.

Galego