Festival de cinema “Fouciño”

Proxeccións do 25 ao 28 de xuño ás 21.30h no edificio Pomares (Baio):
- Luns 25: Fóra
- Martes 26: Costa da Morte
- Mércores 27: Escarabana, Deuteronomio e Matria
- Xoves 28: Pelerinaxes
Proxección 29 de xuño ás 21.00h nas Torres do Allo:
-Historia dun satélite
Sábado 30 de xuño:
- Ás 12:00h: Obradoiro infantil, onde os máis cativos descubrirán as técnicas empregadas no audiovisual e incluso crearán entre todos unha curta. Realízase no centro sociocultural de Baio. Inscricións no correo premiosfoucino@gmail.com
- Ás 12:30h: Vermú con ‘currantas do audiovisual’ moderado por Mabel Montes, na casa Ovidio:
- Miriam e Sonia Albert Sobrino (Also Sisters)
- Sabela e Adriana de Illa Bufarda
- Laura Santos
- Ás 17:00h: Obradoiro para maiores de 55 anos, onde se aprenderá a usar o teléfono móbil e así poder sacarlle o máximo rendemento: fotos, vídeos... Realízase no centro sociocultural de Baio. Inscricións no correo premiosfoucino@gmail.com.
- Ás 19:00h: Proxección das curtas finalistas ao certame na Casa Ovidio, onde o público votará a súa favorita ao remate da mesma.
- Ás 22:30h: Entrega dos Premios Fouciño na carpa habilitada detrás de Casa Ovidio.
Ao rematar, actuación dos seguintes grupos:
- Mounqup
- Músculo!
- Soulmacklein
- IGMIG