Festival "Xiria Pop"

O venres 14 e o sábado 15 de setembro "Xiria Pop" cumpre 21 anos traendo, na Sala Dublín de Carballo, as mellores bandas do panorama musical. A
Xiria Pop
Costa da Morte » Carballo
14 Setembro a 15 Setembro

Seis bandas de pop rock serán o venres 14 e sábado 15 de setembro as protagonistas do festival Xiria Pop, que dende hay xa 21 anos trae a Carballo a mellor música do panorama nacional e internacional.

Desta volta Cooper -con Álex Díez de Flechazos- son os cabeza de cartel, pero tamén teremos sons chegados dende EEUU, Málaga, Portugal, Madrid ou Valencia con MelangeThe SafesFuturo TerrorThe Oddballs e The Parkinsons, nunha fantástica selección de grupos con tendencias que van dende o garaxe até o punk pasando pola psicodelia. A cita segue sendo na Sala Dublín, que reabrirá especialmente co gallo do festival. Nesta edición os grupos serán seis, en lugar de oito como adoita ser habitual, con tres o venres e outros tres o sábado. Como cada ano, a primeira xornada céntrase máis nos sons popeiros e o sábado estala o rock máis cañeiro.

O prezo, tamén coma sempre, é de 10€ para unha única xornada e un bono de 15€ para todo o festival. As entradas poden adquirirse na mesma sala os días dos concertos, xa que non hai venda anticipada. 

A que apetece empaparse cos sons do Xiria Pop? Agardámosvos!

Galego