Goza do Ulla 2018- Touro


O sábado 27 de outubro o programa “Goza do Ulla” chega ó Concello de Touro co roteiro “ Fervenza das Hortas/Santa Marta - Ponte Basebe” cunha distancia de 14 quilómetros e de dificultade media. O punto de encontro é a Casa do Concello ás 9.15 horas.
Con esta ruta percorreremos un sendeiro de gran beleza e riqueza paisaxística, que este ano poderemos complementar cunha visita guiada pola tarde a partires das 17.00 horas ó Pazo de Andeade e o petróglifo de Pena Furada (inscrición previa).
Como novidade poderemos desfrutar dun menú especialmente escollido para os participantes da andaina en dous establecementos ben coñecidos do Concello (reservas por anticipado).
Máis información en:
981 50 40 29/ 981 81 45 66 e en turismo@concellodetouro.gal