I Andaina de 25 Km do Barbanza - Rianxo

O Clube de Montaña do Barbanza Vintedouspés organiza a I Andaina de 25 Km do Barbanza
I Andaina 22 pés Rianxo
Barbanza-Arousa » Rianxo
01 Outubro
09:00

O vindeiro 1 de outubro, o Clube de Montaña do Barbanza Vintedouspés, en colaboración co Concello de Rianxo e Jealsa, organizan a I Andaina de 25 Km do Barbanza.

A proba, que está incluída no IV Open de Andainas de Media Distancia organizado pola Federación Galega de Montañismo, terá a súa saída ás 9 da mañá dende a Área Recreativa de Campo Maneiro (Taragoña).

O percorrido será de 25 km, cunha ruta circular que pasa polo alto do pico Muralla para regresar ao punto de inicio. Haberá un circuito alternativo de 15 km e de menor dificultade. A recollida de dorsais poderase facer entre as 8 e as 8:45 h.

Todas as persoas interesadas en participar na proba poderán obter máis información e inscribirse en:

Para máis información sobre Rianxo, consulte as páxinas web do Concello e Turismo

 

Galego