I Concurso de Fotografía "Enfoques do Allo"

O próximo sábado 23 de setembro, ás 13:00 horas, farase a entrega de premios ás tres persoas gañadoras da primeira edición do concurso "Enfoques do Allo".
Fotografía que acadou o 1º posto no I Concurso de Fotografía Móbil "Enfoques do Allo"
Costa da Morte » Zas
23 Setembro
13:00

Logo de reunirse o xurado formado por profesionais especializados na fotografía e escoller as 10 imaxes finalistas que concursaron nas redes sociais de Facebook e Instagram por acadar o maior número de "gústame", o pasado día 11 ás 00:01h. obtivéronse os resultados das concorridas votacións:

1° Martiño Rivera Dourado, total: 434
2° Yuri de Vargas, total: 376
3° Conchi Retana, total: 178

Os tres gañadores recibirán os seus correspondentes premios en metálico: 100€ para o 1º finalista, 75€ para o 2º e 50€ para o 3º, no que foi o protagonista e escenario das súas fotografías, o considerado primeiro pazo de Galicia, as Torres do Allo, o vindeiro sábado 23 de setembro ás 13h. Á entrega acudirán os membros do xurado así como representación do Concello de Zas, o alcalde e o concelleiro da área de Cultura.

Máis información: https://torresdoallo.gal/

Galego