II Andaina de 25 Km do Barbanza

O Club de Montaña Vintedouspés organiza, en colaboración co Concello de Rianxo, a II Andaina de 25 km do Barbanza, incluída no V Open Andainas de Regularidade de Galicia da Federación Galega de Montañismo.
A cita é o 30 de setembro e a saída está prevista para as 9 da mañá na área recreativa de Campo Maneiro (Taragoña). Os dorsais poderán recollerse a partir das 8 h. O percorrido é circular, de 25 km., e sobe ata o alto do Castro Barbudo, cunha fermosa panorámica da ría de Arousa, para volver ao punto de inicio a través de veigas e do paseo pola ribeira do río Té.
Hai un percorrido alternativo e de menor dificultade, de 15 km., que tamén é circular e pasará polo Hórreo do Araño, o máis longo do mundo.
Inscricións:
A través de ChampionChip Norte.
Máis información:
https://andaina25barbanza.blogspot.com/
https://25km.es/
Consulta as novas do concello de Rianxo, a información turística municipal e sigue a nosa páxina de facebook Turismo Rianxo para estar ao día.
Rianxo, o mar feito tradición.