II CERTAME de RELATO CURTO EUFUNDEVIVO SOBRE SANTO ANDRÉ DE TEIXIDO E OS SANANDRESES
O II Certame de relatos curtos EUFUNDEVIVO sobre Santo André de Teixido e os «sanandreses» é a segunda edición desta iniciativa literaria en torno ao santuario. A figura a tratar serán os «sanandreses», artesanía local centenaria feita con miga de pan pola veciñanza.

Ferrolterra e Eume » Cedeira
01 Marzo a 30 Abril
CONDICIÓN DE PRESENTACIÓN DOS RELATOS
- O relato deberá ter unha extensión mínima de 2 páxinas e un máximo de 10, con tamaño de fonte Arial 11 e entreliñado de 1,5.
- Tema: San Andrés de Teixido e os sanandreses.
- Cada participante poderá presentar un único relato. Este deberá ser orixinal e inédito, sen que fose reproducido ou difundido previamente en ningún tipo de soporte ou medio (páxinas web, publicacións escritas, redes sociais, etc.)
- Os relatos estarán escritos en lingua galega ou castelá.
- Tódalas obras constarán de título e estarán asinadas cun pseudónimo.
- Os e as participantes cederán os dereitos das obras así como a súa difusión en exclusiva a EUFUNDEVIVO ®
- Os relatos presentaranse por vía e-mail no enderezo info@eufundevivo.es con data límite o día 30 de abril de 2022, este inclusive. No caso de que se desexe presentar algún manuscrito, a persoa deberase poñer en contacto na dirección indicada onde se lle indicarán os pasos a seguir.
PREMIO
O premio será para 1 relato gañador. Consiste:
- Visita guiada en San Andrés de Teixido con ata 4 acompañantes. (Realizada por un Guía Oficial de Turismo de Galicia)
- Diploma acreditativo.
- Cadro dun artista local.
- Publicación do Relato nos medios dixitais de EUFUNDEVIVO
- Lote de produtos de EUFUNDEVIVO
- Sanandreses - Artesanía local
XURADO
O xurado estará composto por poboación local e persoas vinculadas a San Andrés de Teixido. Deste xeito, preténdese integrar aos diferentes actores sociais do territorio no desenvolvemento e difusión do mesmo. O veredicto do xurado será inapelable.
A comunicación da persoa gañadora será a través das Redes Sociais (Facebook, Instagram…) e páxina web de EUFUNDEVIVO, aínda que tamén se contactará a través do mail de participación.
Galego