II EDICIÓN DO FESTIVAL ARTENAUTA


Durante a fin de semana do 2, 3 e 4 de xullo reuniranse en Corcubión máis dunha trintena de artistas de varias disciplinas: pintura, escultura, música, danza, fotografía, poesía, audiovisual, teatro, performances…
Realizaranse diversas actividades, todas nun mesmo festival, que se celebrarán en diferentes puntos da vila corcubionesa: no antigo cárcere, no edificio do Casino, no Centro de Día, na Capela do Pilar e en varios lugares ao aire libre do municipio.
Ademais, levaranse a cabo os seguintes obradoiros:
- Obradoiro de cinema “O Gato de Don Corleone” (a partir de 13 anos)
- Obradoiro de mural para nenos “Mans no Mar” (a partir de 6 anos)
- Obradoiro de cociña senegalesa “khawaré” (todos os públicos)
Os obradoiros teñen prazas limitadas, polo que para poder participar neles será necesaria a inscrición previa a través do correo electrónico festivalartenauta@gmail.com
Máis información en: