II edición do Jazz de Ría
Arranca a II edición do festival Jazz de Ría nas aldeas dos concellos de Ferrol e Mugardos

Ferrolterra e Eume » Ferrol
13 Agosto a 19 Agosto
Entre os vindeiros días 17 e 19 de agosto celebrarase a segunda edición deste festival entre as localidades de Ferrol e Mugardos. As novidades deste ano inclúen concertos en novos espazos como o Castelo de San Felipe ou o Baluarte, ademais da Praza Vella en Ferrol e o Cantón de Cora en Mugardos. Nesta edición participarán, entre outros, o músico mugardés Simón García e o ferrolán Miguel Lamas.
Outra das novidades desta edición será o Obradoiro de Jazz e Improvisación para Grandes Voces Pequenas, dirixido ás crianzas, que se desenvolverá do luns 13 ao xoves 16 e rematará cunha actuación final no Baluarte de Ferrol o xoves 16 ás 20h.
Galego