II Trail dos Foucellas

A AA. de VV. Tabeirón de Baio pon en marcha a segunda edición do Trail dos Foucellas.
Costa da Morte » Zas
10 Outubro a 12 Outubro

Na ponte de mediados de outubro os amantes do aire libre poden disputar esta emocionante proba, que agora cambia de formato e tamén de percorrido.

As novidades da mesma veñen dadas polas circunstancias sanitarias, polo que na realización desta proba vanse cumprir todos os protocolos establecidos. 

Non é unha proba ao uso, senón que cada participante vai facer a proba de xeito individual, e terá a opción de facelo en calquera momento dos horarios establecidos pola organización. Así garántese que non haxa aglomeracións antes, durante e ao remate do Trail.

  • DATAS E HORARIOS: 10, 11 e 12 de outubro, en horarios de 09:30 a 13:30 horas e de 15:30 a 19:30 horas.
  • PERCORRIDO: 12 quilómetros, con saída e meta na Carballeira de Baio e percorrido pola beira do río do Porto.
  • INSCRICIÓNS: do 25 de setembro ata o 8 de outubro, a través da páxina www.ranckr.com.
  • PREZO: 5 euros. 
  • DESENVOLVEMENTO DA PROBA: A carreira realízase de xeito individual. Para facer a cronometraxe a organización apoiarase nunha aplicación informática, de xeito que cada corredor descargue no seu móbil o track da carreira no momento da saída e subirao ao remate da proba á páxina web, na que se gravará a crono de cada participante. A entrega de premios será virtual e será publicada nas redes sociais da organización. O percorrido vai estar perfectamente sinalizado, e durante o seu transcurso, así como na saída e na meta, contarán os participantes coa axuda de membros da organización, ademais de dispoñer do preceptivo servizo de ambulancia.
  • DÚBIDAS: se tes calquera dúbida ponte en contacto no correo electrónico: trailfoucellas@gmail.com

Establécese un máximo de 225 participantes, cun subtotal de 75 por día. Os participantes deben elixir no momento da inscrición o día no que queren realizar a proba.

 

 

Galego