II Trail nocturno Cova do Lobo (Zas)
Chega unha nova edición do trail e andaina nocturna Cova do Lobo a Zas

Costa da Morte » Zas
10 Agosto
21:00
O sábado 10 de agosto ten lugar a segunda edición do Trail Nocturno Cova do Lobo. Unha Proba NON competitiva con saída e chegada no pobo de Zas . Trátase dun trail nocturno para coñecer unha forma diferente de vivir o monte. Pasa polo Monte Castro, Monte Pión e o Monte Brondo, sendo o ascenso polos cortalumes deste último unha das zonas máis espectaculares. Unha vez coroado este monte, os participantes poden desfrutar das mellores vistas nocturnas da redonda.
Ademáis do trail, dentro do evento tamén existe a posibilidade da realización dunha andaina.
Información de saída e distancias:
- Trail Nocturno: saída ás 22:00 horas
- Andaina Nocturna: saída ás 22:05 horas
- Peketrail:
- Categoría A: saída ás 20:30 horas
- Categoría B: saída ás 21:00Horas
- TRAIL NOCTURNO 15 KM. 700 m+ (aproximados)
- ANDAINA NOCTURNA 10 KM . 400 m+ (aproximados)
- PEKETRAIL, Categoría A: 750 Metros ( Aproximados) Categoría B: 2 KMS (Aproximados)
Máis información e inscripcións: http://bit.ly/IICovaDoLobo
Non o dubidedes. Apúntate a esta nova sensación, seguro que repites para o ano.
Galego