III Exposición da Camelia das Mariñas
O fin de semana do 16 e 17 de Marzo celebrarase a Terceira Exposición da Camelia de As Mariñas

As Mariñas » Sada
16 Marzo a 17 Marzo
O fin de semana do 16 e 17 de marzo, as camelias escaparán do xardín para ser novamente as protagonistas en Sada. A terceira edición da "Exposición da Camelia das Mariñas", que terá lugar na Casa da Cultura Pintor Lloréns, será unha gran oportunidade para achegarse a esta flor coñecida por anunciar a chegada da primaveira. Neste evento con inscrición aínda aberta, agardarannos moitas sorpresas das que podemos adiantar: o cartel do sadense Eduardo Ramallo con inspiración nunha lámina botánica ou a participación dun grupo de veciños afeccionados á fotografía que nos deixarán retratada a exposición para a edición seguinte.
Galego