III Mostra de Teatro Aficionado “Labarta Pose”

6 obras teatrais concursan na III Mostra de Teatro Aficionado no Concello de Zas!
Costa da Morte » Zas
21 Abril a 27 Maio
18:00

Gústache o teatro? Dende o día 21 ata o día 27  de abril, o concello de Zas celebrará a III Mostra de Teatro Aficionado, onde todo visitante poderá gozar de representacións de múltiples xéneros.

Programa

21 de abril (ás 21 horas no auditorio de Zas): O grupo Tiruleque (de O Carballiño), representará unha comedia de 75 minutos dirixida a todos os públicos.Os asistentes gozarán de O5 co2no5 5on cou54 d€ 3.

  • Capuccine e Monifate son amigos de Manolón e clientes do bar que rexenta coa súa muller Marcela.Todos os días Capuccine e Monifate acoden á tasca para botar un conto, beber un grolo e facerlle requilorios a Marcela para que lle poña os cornos a Manolón.Para conseguir o seu obxetivo, non dubidan en acudir aos consellos dunha meiga e servirse dos seus feitizos.

 

28 de abril (ás 21 horas no auditorio de Baio): Dende As Pontes, o grupo teatral O Catre Teatro encabezará cartel coa comedia All you need is war; unha obra de 50 minutos dirixida a todos os públicos.

  • A Guerra e os soldados  son tratados desde un punto de vista paródico que convida á comedia  e a reflexión acerca das guerras.

 

5 de maio (ás 21 horas no auditorio de Zas): Os Kabramakabra de Asados (procedentes de Rianxo), actuarán na obra Mass co-medias durante 80 minutos e para todos os públicos.

  • Conxunto de sketch satíricos sobre os medios de comunicación de masas, onde se intenta ensinar unha realidade presente mostrando os seus lados máis ocultos.

 

12 de maio (ás 21 horas no auditorio de Baio): O grupo Ditirambo Teatro Coruña de Montrove porá sobre o escenario Anónima 18, unha obra dramática de 60 minutos e dirixida a un público maior de 12 anos.

  • Ton Grung, un pintor de renombre, falece e a súa viúva, a súa musa, protagoniza o recordo dunha historia de amor e un afán de vinganza. De ahí, encabeza unha búsqueda coa  axuda dunha galerista, dos 18 lenzos da su obra Anónimas.

 

19 de maio (ás 18 horas no auditorio de Zas): A Asociación Teatral Paso de Valverde de Arteixo representará, a modo de teatro de sombras, a obra Alén cunha duración de 52 minutos e dirixido a todos os públicos.

  • Chuquiño, un mozo galego, decide marchar na busca do su tío o explorador. Polo camiño  pérdese e viaxa a través do mundo coñecendo países afastados e culturas moi diferentes á súa.

 

27 de maio (ás 18 horas no auditorio de Baio): entrega de premios da III Mostra de Teatro Aficionado “Labarta Pose”-Concello de Zas despois da clausura da XI Escola Municipal de Teatro Infantil.

Galego