III Trail da Filloa de Zas

O domingo 10 de febreiro de 2019 chega a III edición do Trail da Filloa de Zas. O percorrido realizarase polos montes do concello, pasando por ribeiras de ríos, carballeiras, soutos... sendo o ascenso a Pico de Meda e o Monte Brondo onde os participantes gozarán das mellores vistas.
A proba, non competitiva, con saída e chegada ao centro da vila, consta de dous trails, un longo e outro curto, e unha andaina.
- Trail longo: 28 km. 1450m+ (aprox)
- Trail curto: 17km. 700m+ (aprox)
- Andaina de 10 km (aprox)
As saídas das probas son as seguintes:
- Trail Longo: saída ás 9:15 horas
- Trail Curto: Saída ás 10:00 horas
- Andaina: Saída ás 10:10 horas
A recollida dos dorsais será no concello de Zas unha hora antes da saída de cada carreira e andaina.
A proba contará con avituallamentos sólidos e líquidos e servizos sanitarios. O avituallamento final será no pavillón polideportivo de Zas, no cal haberá filloas á pedra, caldo e chourizos.
Máis información e regulamento aquí.
Pincha para acceder ás inscricións.