Iluminación da fervenza do Ézaro en abril do 2018

A fervenza do Ézaro, situada no Ézaro (Dumbría), é un espectáculo en altura. O río Xallas, que desemboca no Ézaro, marca e determina todo o carácter do concello de Dumbría. Atravésao de norte a sur ata desembocar na súa máxima expresión en forma de fervenza, directamente sobre o océano Atlántico.
Antes de converterse en fervenza é retido por catro encoros. No último tramo, o río ten un desnivel de 155 metros e a súa altura é de 40 metros. Unha paisaxe única!
A fervenza do Ézaro pode verse con auga os 365 días do ano e durante as 24 horas do día. En Semana Santa arrancou a tempada de iluminación 2018. Como aínda falta moito para o verán, decidimos iluminar o Ézaro un par de noites para ir abrindo boca.
Apunta estas datas na túa axenda: Sábado 28 e luns 30 de abril de 22:00 a 23:00 horas. Todo un espectáculo de luz, cores e son!
Máis información aquí
#DumbríaéTurismo #DumbríaéÚnica