Iluminación da Fervenza do Ézaro neste verán de 2018

A Fervenza do Ézaro locerá resplandecente no verán
Iluminación Fervenza do Ézaro Verán_galego
Costa da Morte » Dumbría
23 Xuño a 22 Setembro

A Fervenza do Ézaro, situada no Ézaro (Dumbría), é un espectáculo en altura. O río Xallas tamén coñecido como Ézaro, impregna e determina todo o carácter do Concello de Dumbría. Esta corrente de auga atravesa o territorio de norte a sur ata desembocar no océano Atlántico, trascurso no cal adopta a súa maxima expresión; unha impactante fervenza.

Antes de converterse en fervenza é retido por catro encoros. No último tramo, o río ten un desnivel de 155 metros e a altura da fervenza é de 40 metros. Unha paisaxe única!

A fervenza do Ézaro pode verse con auga os 365 días do ano e durante as 24 horas do día. A iluminación nocturna do verán, dende o 21 de xuño ao 21 de setembro, coincide habitualmente cos sábados e coas vésperas de festivos dende as 23:00 ata as 00:00horas.

 

enlightened DATAS ILUMINACIÓN VERÁN 2018 (23:00-00:00 horas):

 

  • XUÑO: 23 e 30.
  • XULLO: 7, 14, 21, 24 e 28.
  • AGOSTO: 4, 11, 14, 18 e 25.
  • SETEMBRO: 1, 8, 15 e 22.

 

#DumbríaéTurismo #DumbríaéÚnica 
 

Galego