Iluminación Fervenza do Ézaro-Xullo 2019

Ven gozar dun verdadeiro espectáculo audiovisual nun inigualable enclave natural
Costa da Morte » Dumbría
06 Xullo a 27 Xullo

Este ano, a Fervenza do Ézaro está a sufrir uns cambios para facer que este espectacular recurso natural sexa un recurso accesible para todos e cada un dos visitantes que desexen visitala. Por este motivo e debido ás obras de construción da pasarela accesible a iluminación non se puido efectuar ata agora. 

Para celebrar que as obras van avanzando, durante este mes de xullo poderás gozar da FERVENZA DO ÉZARO iluminada as noites dos sábados e a véspera do día de Santiago Apóstol dende as 23:00 ata as 00:00h. Non deixes pasar a oportunidade de vela e oíla!

#DumbríaéTurismo 

 

+INFO: Oficina Turismo O Ézaro - turismodumbria@gmail.com - 662 346 927

 

NOTA: A iluminación de agosto e setembro están pendentes de confirmación debido ás obras. 

Galego