IV Concurso de Tapas 'De Bo Dente'

Os vindeiros días 12, 13 e 14 deste mes terá lugar a cuarta edición do concurso de tapas ‘De bo dente’. En total teñen confirmada a súa participación un total de 13 establecementos, que elaborarán unha única tapa co fin de conseguir o ansiado recoñecemento e os premios que outorgará tanto o público como un xurado no que figurarán cociñeiros de recoñecido prestixio. Deste xeito o Concello de Ordes, organizador do evento, quere incentivar a cultura das tapas, á par que promove e dinamiza a hostalería local.
A clientela deberá consumir nun mínimo de cinco establecementos para poder emitir o seu voto, o que lle dará opción a acadar algún dos seguintes premios:
- Viaxe por un valor de 400 € por cortesía de Estrella Galicia.
- Estancia por valor de 200 € por cortesía de Estrella.E vales de Sportec, Doblanc e de Alfombra Roja por valor de 25 € cada un.
- O peso en cervexa do gañador ou gañadora e unha cea para dúas persoas por valor de 100€ por cortesía de Estrella Galicia, ademais de dous vales outorgados por Peteiro decoración e Sportec por valor de 25 € cada un. Tamén haberá unha cesta da froiteríaEurofrut.
Os bares e restaurantes poderán optar a dous premios:
- 'Tapa do Xurado', dotado con 200 €. Valorarase a elaboración, o sabor, a presentación, a calidade do servizo e a rapidez, así como o emprego de produtos de Galicia.
- ‘Tapa do Público’, dotado con 160 €.
O concurso ‘De bo dente’ arrancará a tarde do xoves (de 19.30 a 23.30 horas). Tanto o venres como o sábado as tapas serviranse en horario de mañá e de tarde (de 13 a 15 e de 19.30 a 23.30 horas). O público plasmará nos boletos que se entregarán en cada bar ou restaurante un único voto por tapa consumida, para posteriormente depositalo nas urnas que se colocarán nos establecementos.
Os bares e restaurantes que participan na edición deste ano son: EL TÚNEL, A BARRICA ADEGA, CERVEXERÍA ISLIA, CERVEXERÍA O 27, ABACCO, LITTLE COFFEE, BLACK & WHITE, CAFETERÍA SAN ROQUE, EL SALÓN, CAFETERÍA DONIÑA, BAR MARAL, FEITIZO e BAR CORREOS.
No concurso colaboran tamén as seguintes firmas: Distribucións Toribio Viqueira, bodegas Carballo, Doblanc fotodepilación e estética, Alexandra Maneiro peluquería, Futur Viajes, Sportec Ordes, Don Adrián zapatería, Manuel Rodríguez, Anhelos, Eurofrut, Peteiro decoración, Alfombra Roja zapatería e almacéns Cancela