IV Festa da Solla do Ulla

IV Festa de degustación da Solla do Ulla en Leiro (Rianxo)
Festa degustación gastronómica solla Ulla Leiro Rianxo
Barbanza-Arousa » Rianxo
11 Agosto

A Asociación Solleiros do Ulla organiza a IV Festa da Solla do Ulla, coa colaboración do Concello de Rianxo, a Comisión de Festas do Carme de Leiro e o Furancho a Veliña. A xornada de degustación terá lugar un ano máis na parroquia de Leiro (Concello de Rianxo), na praza da Veliña da aldea de Rañó, o sábado 11 de agosto de 2018. 

Ás 14:00 h dará comezo o pregón, seguido do xantar con solla cocida e frita, un dos manxares propios desta zona da desembocadura do río Ulla. O prezo da ración será de 8 euros, e as reservas fanse a través do teléfono 679 960 079. Para amenizar a xornada, haberá música na carpa.

Consulta as novas do Concello de Rianxo e a información turística municipal, e sigue a nosa páxina de facebook Turismo Rianxo para estar ao día.

Rianxo, o mar feito tradición.

Galego