IV Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose

Por cuarto ano consecutivo, o Concello de Zas, a través da Concellería de Cultura, organiza a Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose” coa que pretende fomentar a cultura nas artes escénicas.
Costa da Morte » Zas
23 Marzo a 27 Abril

Os sábados 23 e 30 de marzo, 6, 13 e 27 de abril terán lugar as representacións das obras finalistas da IV Mostra de Teatro Afeccionado "Labarta Pose", distribuídas entre o auditorio de Baio e o de Zas. A programacións das actuacións é a seguinte:

  • Sábado 23 de marzo
    • Agrupación Teatral Mariñán coa súa obra "Insania". Será no auditorio de Zas ás 21.30 horas. Para maiores de 12 anos.
  • Sábado 30 de marzo
    • Pinchacarneiro Teatro representará a súa obra "Bolboretas: a vinganza". No auditorio de Baio ás 21.30. Para maiores de 16 anos.
  • Sábado 6 de abril
    • Grupo de Teatro Ultreia representará o musical "Chicago". No auditorio de Baio ás 21:30. Para maiores de 12 anos.
  • Sábado 13 de abril
    • O turno de Sen Cancelas Teatro coa súa obra "2010". No auditorio de Zas ás 21:30. Para maiores de 12 anos.
  • Sábado 27 de abril
    • Gargallada Teatro con "O Xogo de Versalles". No auditorio de Baio ás 21:30. Para maiores de 8 anos

A entrega de premios terá lugar no auditorio de Baio o 9 de xuño a partir das 18 horas.

Podes atopar máis información, preme aquí.

Agardámoste!

 

 

Galego