IX Festa da Xiba

O concello de Sada invítate a experimentar unha Ruta gastronómica con 13 establecementos, que darán a desgustar tapas de xiba a un euro con cada consumición.
Cartaz
Información do evento
As Mariñas » Sada
27 Abril a 29 Abril

 

Dende o 27 ata o 29 de abril, estas 13 cociñas competirán nun concurso gastronómico ubicado no casco urbano de Sada. A Festa da Xiba de Sada xira entorno a un exquisito cefalópodo, que emplatado se sirve como tapa gratuíta con cada consumición.

Nesta novena edición, a concexalía de Promoción Económica e Turismo, aposta por unha ruta gastronómica acompañada de animación musical e con participación dun total de 80 establecementos.

 

O último fin de semana de abril achegate ós establecementos destas 3 zonas:

Na zona da Praia: A Nosa Viña coa tapa Brazo de Xiba, La Esquinita con Guiso de Xiba, Mesón Costa da Morte con Xiba Costa da Morte, A Marola con  Xiba en Arroz Caldoso e Sada Bay con Croqueta de Xiba.

Na zona Centro: A Lagoa con Xiba na súa tinta, Antoxos con Nido de Xiba,  Leo´s con Xiba en tarteira e Rincón de Burgos con Tartar de Xiba con garabanzos e cruxinte.

Na zona do Porto: Covandaca con A Perla das Mariñas, El Canalla con Molete de xiba en tinta con alioli de aguacate, Mesón Nordeste con Albondigas de xiba e Ría de Sada con Xiba en salsa de albariño e langostinos.

A presente edición, contará cun xurado de profesionais para a avaliación das propostas que  estará composto por Maruxa Quiroga (Directora Executiva de Tastelab), Marcos Balboa Beltrán (Presidente de Jóvenes Empresarios de Galicia), Sonia Molero (Secretaria da Asociación de Sumilleres de Galicia “Gallaecia”) e Fernando España (Administrador do Grupo Eres de Tapas Si), entre outros.

Ver nova completa aquí.

Galego