LembranZas do Allo

"LembranZas do Allo", exposición de fotografía antiga nas Torres do Allo
Costa da Morte » Zas
30 Marzo a 12 Maio

Continúan as actividades nas Torres do Allo, nesta ocasión cunha exposición fotográfica centrada no pasado das Torres do Allo. As imaxes pretenden amosar as vivenzas e a memoria das xentes do Allo, xunto cos anuncios nos xornais de principios do século XX e as fotografías e debuxos do arquitecto e historiador Miguel Durán Loriga nos anos 40, dan forma a esta exposición. Farase un percorrido no tempo, entre os primeiros anos do pasado século a través da prensa da época e rematando coas lembranzas do párroco D. Fidel.

A exposición poderá visitarse os sábados, domingos e festivos de 11:00 a 19:00, dende o 30 de marzo ata o 12 de maio. Na Semana Santa amplíase o horario, entre os días 13 e 21 de abril as Torres do Allo estará aberto de 11:00 a 20:00.

Galego