Lúa Chea no Barbanza, Autocine en Boiro

Esta proposta estará presente nos catro concellos de Arousa Norte a partir do 03 de xullo ata o 21 de agosto e contará con catro sesións en cada un dos concellos: Cinema Actual, Cinema Familiar, Cinema Clásico e Cinema Galego. As catro concellerías de cultura de Arousa Norte encargáronse de presentar cada unha das programacións: María Outeiral (Concello de Boiro), Mariola Sampedro (Concello de Ribeira), Raquel García (Concello de Rianxo) e Patricia Lojo (Concello da Pobra do Caramiñal).
Autocine Lúa Chea no Barbanza comezará no concello de Boiro o venres 03 de xullo no peirao de Cabo de Cruz con dous pases: ás 20h30 Grease (cinema clásico) e as 23h30 Parásitos (cinema actual) e o sábado 04 de xullo ás 20h30 Pinoccio 3000 (cinema familiar) e O que arde (cinema galego).
VENRES 3 DE XULLO NO PEIRAO DE CABO CRUS
- 20:30 h Grease (Cinema Clásico)
- 23:30 h Parásitos (Cinema Actual)
SÁBADO 4 DE XULLO
- 20:30 h Pinoccio 3000 (Cinema Familiar)
- 23:30 h O que arde (Cinema galego)
As entradas serán de balde e para acceder a cada unha das películas é preciso rexistrase no enlace barbanzarousa.gal.