Lúa Chea no Barbanza, Autocine en Rianxo

A Mancomunidade de Municipios Arousa Norte presenta LÚA CHEA NO BARBANZA, unha proposta de autocine que se levará a cabo nos catro concellos de Arousa Norte ao longo dos meses de Xullo e Agosto.
Barbanza-Arousa » Rianxo
17 Xullo a 18 Xullo

Esta proposta estará presente nos catro concellos de Arousa Norte dende o 3 de xullo ata o 21 de agosto e contará con catro sesións en cada un dos concellos: Cinema Actual, Cinema Familiar, Cinema Clásico e Cinema Galego. As catro concellerías de cultura de Arousa Norte encargáronse de presentar cada unha das programacións: María Outeiral (Concello de Boiro), Mariola Sampedro (Concello de Ribeira), Raquel García (Concello de Rianxo) e Patricia Lojo (Concello da Pobra do Caramiñal).

Autocine Lúa Chea no Barbanza estará no concello de Rianxo o venres 17 e o sábado 18 cos seguinte pases: 

VENRES 17 DE XULLO

  • 20:30 h Cinema Paradiso (Cinema Clásico)
  • 23:30 h O que arde (Cinema galego)

SÁBADO 18 DE XULLO

  • 20:30 h O Cid (Cinema familiar)
  • 23:30 h La Biblioteca de los libros rechazados (Cinema actual)

As entradas serán de balde e para acceder a cada unha das películas é preciso rexistrase no enlace barbanzarousa.gal.

Galego