Lúa Chea no Barbanza, Autocine en Ribeira

A Mancomunidade de Municipios Arousa Norte presenta: Lúa Chea no Barbanza. Unha proposta de autocine que se levará a cabo nos catro municipios de Arousa Norte ao longo dos meses de xullo e agosto.
Barbanza-Arousa » Ribeira
10 Xullo a 11 Xullo

Esta proposta estará presente nos catro concellos de Arousa Norte dende o 3 de xullo ata o 21 de agosto e contará con catro sesións en cada un dos concellos: Cinema Actual, Cinema Familiar, Cinema Clásico e Cinema Galego. As catro concellerías de cultura de Arousa Norte encargáronse de presentar cada unha das programacións: María Outeiral (Concello de Boiro), Mariola Sampedro (Concello de Ribeira), Raquel García (Concello de Rianxo) e Patricia Lojo (Concello da Pobra do Caramiñal).

Autocine Lúa Chea chega a Ribeira o venres 10 de xullo no Porto, no Muelle Comercial cos seguintes horarios:

VENRES 10 XULLO

  • 20:30 h Sonrisas de una noche de verano (Cinema Clásico)
  • 23:30 h Somos Criminais (Cine galego)

SÁBADO 11 DE XULLO

  • 20:30 h Gorgi, las mascotas de la reina (Cinema familiar)
  • 23:30 h Tolkien (Cinema Actual)

As entradas serán de balde e para acceder a cada unha das películas é preciso rexistrase no enlace barbanzarousa.gal.

Galego