Megalitismo somerxido

Neste paseo pola ribeira do gran lago do Encoro da Fervenza poderemos ver as pegadas de mámoas e antas que quedaron baixo as augas. O magnífico dolmen da Pedra da Arca sobreviviu como poucos o paso do tempo.
Máis información e inscricións
Nas visitas de Vimianzo Historia Viva tes unha oportunidade única para coñecer os lugares que se escapan do habitual na Costa da Morte. Déixate sorprender pola historia destes máxicos recunchos vimianceses da man dunha persoa que che introducirá no seu ambiente.
Non te preocupes polo transporte, poñémolo nós. Ti só te tes que deixar ir e presentarte no castelo de Vimianzo para a saída. A entrada para adultos é de 3€, os menores de 16 anos van de balde.
Hai prazas limitadas, así que inscríbete canto antes no correo electrónico turismo@vimianzo.gal ou a través do teléfono 981 716 001 (ext 1235) ou no castelo de Vimianzo (981 716 354).