Mercado de San Ramón nas Torres do Allo

A cita enlaza o presente cunha romaría que ten longa tradición, nada menos que catro séculos de historia
Costa da Morte » Zas
31 Agosto
11:00

Este 2020, como nos últimos anos, volverá haber mercado de San Ramón nas Torres do Allo (Zas). Será o luns, 31 de agosto, pola mañá. Así, diante do pazo, ademais da exposición e venda de produtos ecolóxicos e artesanais da comarca, tales como lino, encaixe,  sancosmeiros, cestos, xabóns, mel ou instrumentos musicais, tamén se poderán atopar outros produtos de uso máis recente, como son as máscaras. Nesta xornada ofrecerase, ademais, unha visita guiada centrada na festividade de San Ramón. Mantense así o compromiso de recuperar a tradición cultural desta romaría con máis de catro séculos de historia, onde o obxectivo último do mercado é achegar aos veciños e visitantes aspectos da etnografía e a artesanía da Costa da Morte. A actividade trata de recuperar a nosa historia viva, achegándoa ao tempo de lecer, de xeito que o público asistente poida desfrutar da historia e da etnografía da zona participando e vivíndoa.

Galego