Mostra do Traxe Tradicional da Terra de Soneira

Do 24 de marzo ata o 29 de abril pode visitarse no interior do pazo das Torres do Allo esta espectacular mostra do traxe, centrada nas particularidades da vestimenta tradicional deste territorio. Achégate a Zas e goza desta viaxe no tempo
Costa da Morte » Zas
23 Marzo a 29 Abril

Do 24 de marzo ata o 29 de abril o pazo das Torres do Allo acolle baixo o título "Mostra do Traxe Tradicional da Terra de Soneira" (organizado pola Concellaría de Cultura do Concello de Zas en colaboración coa Deputación da Coruña e a especial participación da asociación de baile tradicional Churía, a asociación cultural Adro e a asociación cultural Castro-Meda) unha espectacular mostra de traxe tradicional, onde poderemos observar pezas orixinais do século pasado, reproducións, fotografías antigas e traxes completos. Trátase dun traballo de busca e posta en valor incalculábel, conseguindo pezas únicas de fondos privados que se poderán ver por vez primeira.

Dentro do programa realizaranse dous talleres relacionados coa confección da indumentaria tradicional; un de flecado, organizado polo grupo de baile tradicional Churía, o domingo 8 de abril; e outro de elaboración de colares, organizado pola asociación cultural Adro, o domingo 22 de abril.

Máis información na recepción das Torres do Allo e no correo info@torresdoallo.gal

Galego