Mugardos é primavera 2019


O Concello de Mugardos presenta o programa de actividades "Mugardos é primavera" que se vai a realizar desde o 11 ata o 20 de abril de 2019. O goberno municipal de Mugardos programou diferentes actividades culturais, deportivas e de lecer para as festas de Semana Santa. Segundo informou a concelleira de Cultura, Lola González, a vila terá dous concertos baile, unha nova edición do “Mugarmaxia” e diversas propostas deportivas que, entre outras cousas, servirán para facilitar la conciliación familiar e laboral. A edil destacou a colaboración de diferentes entidades culturais e sociais da vila para o desenvolvemento do programa.
Compre subliñar, ademais, que durante a Semana Santa o Centro de Interpretación de Caldoval abrirá de martes 16 a domingo 21, no seu horario habitual de mañá e tarde.
- O progama comezará desde o día 11 de abril co inicio dos xogos romanos escolares: I Lvdi Mugardensis que se celebrarán no Centro de Interpretación de Caldoval de 10:00 a 13:00 horas.
- O 13 de abril celebrarase a III Milla Nocturna do Concello de Mugardos na Avenida do Seixo a partires das 20:30 horas. Data límite de inscrición o 10 de abril. Información e inscrición na web da Federación Galega de Atletismo
- Tamén o 13 de abril haberá un Concerto-Baile de Gramola Ye-Ye no Casino Mugardés a partires das 22:30 horas.
- O 14 de abril celebrarase un Concerto Sacro na Igrexa de San Xiao a partires das 19:30 horas.
- Seguimos co programa Mugardos Camiña o 14 de abril coa subida ao Coto de Ancos. Inscricións na OMIX ou no teléfono: 981 470 338 Ext. 1 ou no email: deportes@concellodemugardos.gal
- O 15 de abril será o turno de Rocódromo en Familia no Pavillón do Cristo de 17:00 a 19:00 horas.Límite por orde de inscrición de 12 prazas e prezo de 5 euros por familia.
- Tamén o 15, 16 e 17 de abril no Polideportivo do Cristo celebrarase o Campus Multideporte de 10:00 a 13:00 horas. Inscrición na OMIX ata o 10 de abril e o prezo é de 8 euros.
- A 2ªedición de Mugarmaxia. Un ciclo de maxia que se celebrará o 16 e 17 de abril no Casino Mugardés a partires das 19:30 horas. Ademáis haberá 3 obradoiros de maxia: ás 17:00, 18:00 e 18.30 horas previa inscricións na Biblioteca Municipal.
- O 18, 19 e 20 de abril celebrarase o Trofeo de Fútbol 8 No Campos da Pedreira.
- O programa continuará coa Festa da exaltación da Ameixa de Mugardos o 20 de abril a partirtes da 13:00 horas na Carpa Cantón de Cora. A ración de Ameixas á Mugardesa será de 10 euros. Información na Oficina de Turismo.
- Finalizando o programa de actividades haberá un Concerto-Baile de Gallaecia Small Band o 20 de abril no Casino Mugardés a partires das 22:30 horas.