Música na Rúa

Os sábados de xullo e agosto Oleiros énchese de música en directo coas actuacións de grupos de diversos estilos musicais.
Música na Rúa datas e localización dos concertos
As Mariñas » Oleiros
02 Xullo a 27 Agosto

O programa Música na Rúa volve a partir deste próximo sábado ás localidades máis turísticas de Oleiros para animar as terrazas dos establecementos hostaleiros de Santa Cristina, Santa Cruz e Mera.

Os concertos, cun total de 32 actuacións e repartidas entre once lugares, celebraranse as noites dos sábados de xullo (de 20.30 a 22.30 horas) e de agosto (de 20.00 a 22.00 horas).

Galego