Música na Rúa en Oleiros

O programa "Música na Rúa" regresa ás localidades máis turísticas de Oleiros.
Música na Rúa datas e localización dos concertos
As Mariñas » Oleiros
03 Xullo a 28 Agosto

O Concello de Oleiros promove o lecer e o turismo a través da animación musical nas terrazas dos establecementos hostaleiros situados en Santa Cristina, Santa Cruz e Mera.

Os concertos celebraranse as noites dos sábados durante os meses de xullo (de 20:30 a 22:30h) e agosto (de 20:00 a 22:00h) e neles participarán diferentes grupos de estilos moi variados que darán ambiente ás terrazas con música jazz, salsa, blues, rumba, pop, flamenco...

Este programa apoia a imaxe de Oleiros como un destino atractivo, distinto e de calidade para gozar do verán. En total haberá un total de 35 actuacións para atraer clientela ás terrazas e favorecer a actividade da hostalaría.

Galego