Música no Camiño do Holandés- Eurovelo

A primeira gran festa do Camiño e a Música Tradicional no Concello de Touro
#touroEcamiño #oteuxacobeo #xacobeo21
#touroEcamiño #oteuxacobeo #xacobbeo21
Terras de Santiago » Touro
27 Xullo
21:00

O sábado 27 de xullo, gozaremos dun especial percorrido do Camiño da man da Música Tradicional no Campo da Festa de Fonte Díaz. O Camiño do Holandés e a EuroVelo 3, máis coñecida como Ruta das Peregrinacións, apearanse das súas bicis para percibir o iniciático ambiente coa música dos grupos, tanto locais como do resto do noso país, na procura do diálogo e intercambio cultural entre a veciñanza, os peregrinos e demáis visitantes.

A Pinguela de Bama, As Nenas do Sapo Dourado, Os da Porfía e Tanto Nos Ten, convídanos a gozar desta gran noite do Camiño do Holandés, xerando un sentimento de orgullo e pertenza cara os valores da nosa terra.

Galego