NAUFRAXIOS DE CAMARIÑAS NOVEMBRO 2019

O Concello de Camariñas presenta este novembro como o mes dos naufraxios. Un mes repleto de actividades gastronómicas, culturais e turísticas coas que pretende reivindicar a historia do municipio
Costa da Morte » Camariñas
08 Novembro a 23 Novembro

NAUFRAXIOS DE CAMARIÑAS NOVEMBRO 2019

PROGRAMA:

FIN DE SEMANA 8, 9 e 10 - Rutas

Ruta das Tapas dos Naufraxios en bares do concello. Tapas a 1 €, con agasallo dunha camiseta e sorteo de tres premios de 120 €, 60 € e 30 € entre quen tome 6 tapas e vote á mellor.

Bares participantes:

  • Camariñas: Bar Pinar, Café Bar A Ría, Cafetería Oasis, O Náutico Bar, O Portiño, Taberna do Bico.
  • Camelle: A Molinera, Bar Rotterdam, Pub Marítimo.
  • Ponte do Porto: Café Bar O Rosquilleiro, Casa Trabeiro, CunKCafé, La Tavernetta da Ponte, Pizzería Brasil, Restaurante-Pizzería A Xunqueira.
  • Xaviña: Parrillada Rojo.

Ruta martítima dos naufraxios en kaiak (10€/persoa) e barcos de vela (15€/persoa). Reservas Ubuntu Life 665 051 031. Club Náutico.

 

SÁBADO 9 - 129 Aniversario do Serpent

19:00h Cemiterio dos Ingleses. Ofrenda floral aos náufragos da Costa da Morte e teatralización dos naufraxios de Camariñas.
18:00h Saída do bús gratuíto con recorrido Camelle - Ponte do Porto - Xaviña - Camariñas - Cemiterio dos Ingleses (volta ao remate do acto).

 

SÁBADO 16 - Actividades​
18:00h City of Agra, 123 Anos na Memoria. Relatorio presentando o seu programa de maio do 2020, no Museo Man de Camelle.
20:00h Teatralización dos Naufraxios de Camelle, no dique de abrigo.

 

SÁBADO 23 - Teatralización
20:00h Naufraxios de Arou. Praia de Lobeiras.

Ao longo do mes, realizaranse Rutas guiadas dos Naufraxios có alumnado dos centros escolares do concello.

Toda a información na web.

Galego