Noite de Morcegos

O sábado 3 a partir das 19:30h terá lugar esta actividade na que poderán participar nenos e adultos.
Ferrolterra e Eume » Cabanas
03 Outubro
19:30

O Concello de Cabanas, a través da Concellaría de Medio Ambiente, vén de organizar a actividade “Noite de morcegos”, unha xornada de campo para a observación de morcegos no entorno de Río Castro, en colaboración coa Asociación Drosera.

O obxectivo desta actividade é achegar á veciñanza ao mundo dos morcegos, aprendendo a escoitar e identificar a actividade dos mesmos, así como as técnicas empregadas para o seu estudo. Celebrarase o sábado 3 de outubro, cunha limitación de quince prazas, e precisa de inscrición previa no correo medio.ambiente@cabanas.gal ou no teléfono 649 075 263.

Galego