Noite Romántica en Negreira

A Asociación "Los Pueblos Más Bonitos de España" e o Concello de Negreira presentan a "Noite romántica" de Negreira e Ponte Maceira, que terá lugar o sábado 17 de outubro. O evento forma parte dun programa levado en tódalas localidades que conforman a devandita entidade.
En Negreira os actos inclúen:
- Unha cea romántica inesquecible (con reserva previa) en calquera dos establecementos do municipio de Negreira adheridos ao evento, na que as persoas participantes entrarán no sorteo dun premio consistente nunha noite no albergue con encanto da Granxa Escola Medioambiental de Bergando.
- Os establecementos participantes contarán cunha pequena actuación musical durante a Noite Romántica e prepararán pratos especiais para a cita. Os locais participantes son:
Restaurante Casa Barqueiro: 981 81 82 34
Restaurante A Mezquita: 636 12 96 91
Cervecería O Cotón: 981 88 59 35
Tapería A Esmorga: 981 93 66 64
Parrillada A Nosa Taberna: 981 88 62 10
Casa Néboa: 680 52 13 35
Restaurante O Rueiro (en Vilaserío): 981 89 35 61
- Tamén se realizará un concurso nas RRSS, no que as persoas que suban unha foto a Facebook ou Instagram posando en Ponte Maceira co cancelo #PonteMaceiraRomantica entrarán no sorteo dunha xoia conmemorativa.
- Os sorteos terán lugar en Radio Negreira, na semana seguinte á Noite Romántica.