O Concello e sector hostaleiro de Moeche volven á carga coa súa ruta de pinchos

Ata 6 locais se unen de novo neste 2022 para reeditar a iniciativa da ruta dos pinchos, postergada dende o 2019 por mor da pandemia.
Ferrolterra e Eume » Moeche
20 Maio a 22 Maio

Moeche segue recuperando o pulso sociocultural prepandemia e, neste sentido, dentro duns días tamén volve  a ruta gastronómica “De Pincho en Pincho” como escaparate da excelencia culinaria e do servizo próximo e profesional que ofrece a hostalaría do municipio, un dos sectores que máis sufriu nos últimos dous anos. O evento desenvolverase na fin de semana do 20, 21 e 22 de maio. Nesta cuarta edición muda o formato, xa que se suprime o premio ao petisco e déixase unicamente o sorteo de agasallos entre todas aquelas persoas que completen o percorrido polos establecementos participantes. O pincho, que ha de estar preparado de maneira artesanal e ofrecerse de balde con cada consumición, servirase en cada local o venres de 20 a 23:00h., o sábado de 11 a 15:00h e de 20 a 23:00h e o domingo só de 11 a 15:00h.  

 

Galego