O Encaixe no Camiño


Camariñas recreará a chegada do encaixe na Idade Media, para o que a vila transformarase nunha poboación medieval.
Eses días están programadas dúas representacións teatrais, unha delas, o sábado 16 as 11:00, a recreación do desembarco do rei Alfonso IX coa posterior camiñata ata Cereixo acompañando ao rei. Para poder programar a volta en autobús e preciso inscribirse no correo asociacionempresarioscamarinas@gmail.com ou chamar aos teléfonos 674941224 e 662488253. O sábado ás 21:00 terá lugar un concerto de Samarúas.
A outra recreación, o domingo 17 ás 11:00, mostrará a lenda da chegada da dama italiana que ensinou a palillar, co posterior desfile de moda do encaixe de Camariñas desde entón ata o día de hoxe.
A Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas, organizadora do evento, pon a disposición das persoas que participen o aluguer de traxes medievais na aula 4 da Casa de Pedra, de luns a venres de 12:00 a 14:00.