O Entroido
Programación especial de Entroido do 1 ao 9 de Marzo

Barbanza-Arousa » A Pobra do Caramiñal
01 Marzo a 09 Marzo
A Pobra do Caramiñal celebra, desde o venres 1 ata o sábado 9 de marzo, a festividade do Entroido cunha ampla programación de lecer para as máis pequenas/os e maiores.
O sábado será unha xornada especial ambientada no esperpento dos anos 30, época do ilustre escritor don Ramón del Valle-Inclán, vencellado á vila.
Non faltarán os tradicionais concursos para premia-los mellores disfraces e carrozas, tanto no domingo coma no martes, día do desfile.
Por último, no sábado 9, o enterro do Felipe dará fin á programación do Entroido.
Para máis detalles da programación visite a seguinte páxina web: www.apobra.gal
Galego