Obradoiro “As plantas das dunas: verdadeiras superviventes”

O vindeiro 20 de xullo ás 11:30h realizarase un obradoiro no Parque Natural do Complexo dunar de Corrubedo
Barbanza-Arousa » Ribeira
20 Xullo

O sábado 20 de xullo ás 11:30h terá lugar o obradoiro “As plantas das dunas: verdadeiras superviventes” no Complexo dunar de Corrubedo. Trátase dunha actividade familiar para nenos a partir de 8 anos.

Ademais, organízase unha ruta guiada todos os días de martes a domingo.

Para máis información e inscricións diríxanse ao Centro de Recepción de Visitantes ou chamar ao teléfono 981 878 532.

O horario de atención é de martes a domingo de 10:30h a 14h e de 16h a 19:30h.

Galego