Obradoiros de Prehistoria e actividades en Dombate

Esta fin de semana volven os obradoiros de Prehistoria ao Centro Arqueolóxico Dolmen de Dombate con Galipat Servizos Culturais.
Costa da Morte » Cabana de Bergantiños
01 Agosto a 02 Agosto

Esta fin de semana volven os obradoiros de Prehistoria ao Centro Arqueolóxico Dolmen de Dombate con Galipat Servizos Culturais:

O sábado 1 de agosto presentan O gran invento do Neolítico: a cerámica e As gravuras da Fornella. O domingo 2 de agosto serán As cores de Dombate: pinturas máxicas e As ondas sonoras. En cada un dos días:

  • Dúas sesións: 11:00 e 12:30
  • No exterior do Dolmen de Dombate
  • Aforo limitado -10 persoas-
  • Non é necesaria inscrición previa

Mediodía musical con Pakolas en Dombate

O domingo ás 12:00 Pakolas trae os seus ritmos rockeiros ao piñeiral do Centro Arqueolóxico Dolmen de Dombate. Trátase dun espectáculo musical para público familiar baseado no seu libro disco editado por Galaxia: Ramona Órbita, a dona do tempo.

'Chega Ramona Órbita coa súa máquina cargada de rock and roll, disposta a percorrer os tempos para aprender a protexer a natureza. Neste novo libro contaremos e cantaremos con ritmo moi rockeiro a historia de Ramona Órbita, unha muller labrega do Courel, posuidora dunha horta cibernética e unha perfeccionada  máquina do tempo. Así levaranos de viaxe pola Prehistoria, o Medievo, o Renacemento, pola China Imperial, ou mesmo ao futuro, con moitas aventuras, personaxes e peripecias que gustarán por igual á xente miúda e a maiores'

  • Actividade gratuíta
  • Aforo limitado no piñeiral ao carón do Dolmen de Dombate.
  • Non é preciso inscribirse

Visitas teatralizadas cos Quinquilláns en Dombate

Un ano máis Os Quinquilláns serán os protagonistas de ‘O tempo das pedras’, visita teatralizada ao carón dos piñeiros do Centro Arqueolóxico Dolmen de Dombate:

  • Sábados de xullo e agosto ás 18:00 e 19:30 (dous pases)
  • Entrada gratuíta ata completar aforo
  • Non é necesaria inscrición previa
Galego