Paseo xeolóxico por Suevos


Suevos provén do xermánico aínda que se constitúe por un proceso oroxénico de hai máis de 290 millóns de anos. Este suceso foi configurado, en todo o complexo alóctono de Ordes, un relevo e unha paisaxe rica en base a materiais de moi diversos tempos xeolóxicos.
En pouco máis de tres quilómetros de paseo, os técnicos guiarán aos visitantes interesados por estas configuracións rochosas, co obxectivo de penetrarse na historia da época Paleozoica. Xistos e cuarcitas do Silúrico conforman o basamento metamórfico de Suevos, o cal se atopa amplamente tectonizado e modelado en forma de pequeno golfo debido á erosión das ondas mariñas.
As furnas, as praias, os depósitos de coios, os regatos, os cantís e outras formas do relevo completarán a interpretación da paisaxe complementada coas oportunas doses de historia xeolóxica deste enclave.
Para participar nesta oferta de turismo científico, cómpre inscribirse no teléfono 981 659 177 ou presencialmente na Oficina de Turismo de Arteixo.