A POBRA XACOBEA

O próximo sábado 10 de outubro terá lugar a derradeira ruta teatralizada sobre a orixe xacobea da vila, guiada por Serafín Marcos. A actividade é de balde.
Aínda nos queda algún detalle (e sorpresa) por descubrir da vila da man deste polifacético artista! Desta volta, retomaremos a ruta no exterior iso si, tomando tódalas medidas necesarias por mor da Covid-19. Será un grupo reducido, polo que é preciso inscribirse por Whatsapp no 687 482 835 ou a través do correo electrónico turismo@apobra.gal. O punto de encontro será na Casa Mariñeira (situada no parque do Castelo) ás 19:00 h.
Poñemos así fin a un ciclo de 10 visitas enmarcadas no programa cultural "O Teu Xacobeo", unha programación social e cultural que se desenvolverá en toda a xeografía galega durante o 2020, anticipando o Xacobeo 2021.
Programa cofinanciado pola Xunta de Galicia e a Consellaría de Turismo da Pobra do Caramiñal.
Máis información en www.apobra.gal/turismo