Praza dos Libros de Carballo

Do xoves 5 ao domingo 8 de xullo o xardín municipal acolle a feira da diversidade cultural carballesa con 9 librarías, agasallos, atún, pan e moitos libros
Costa da Morte » Carballo
05 Xullo a 08 Xullo

Sés, Manuel Rivas, Mercedes Queixas, Xan Fraga, Rosalía Fernández, Pedro Feijoo, Emma Pedreira, Miro Villar.... Música, gastronomía, artes plásticas, centos de libros... Soa fantástico, verdade? Por separado, ou todo xunto e mesturado, estes son só algúns dos ingredientes da Praza dos Libros de Carballo 2018. Con máis librarías ca nunca, rascas con ata 500 premios, atún e pan: do xoves 5 ao domingo 8 de xullo o xardín da Praza do Concello vive, respira, palpa, sente e vende letras, imaxinación e vida. Son catro días cheos de actividades concentradas arredor de 9 librarías: Á lus do candilBrañas VerdesDemoLerPunto e ComaRogetPhotticTeldy e Trasgo; e do posto das Bibliotecas de Carballo. O horario: de 11.00 a 14.00 e de 18.00 a 22.00 horas. Ademais todas as compras terán un 10 por cento de desconto e os rascas agochan camisolas, chapas, libros, chaveiros, cadernos... Achegádevos a Carballo!

Galego