Premio Internacional de Piano Cidade de Ferrol
Este venres 17 comeza a XXXI edición deste certame

Ferrolterra e Eume » Ferrol
17 Novembro a 24 Novembro
20:00
O concurso, que se celebra do 17 ao 24 de novembro, comezará cunha gala inaugural este venres 17 ás 20:00 horas no Teatro Jofre de Ferrol, cun concerto a cargo de Fabio e Gisele Witkowski. Esta XXXI edición conta con músicos de ata 12 nacionalidades e, como destaca o concelleiro de Cultura, Suso Basterrechea, o Concello de Ferrol fai un importante esforzo por ser o berce deste reputado certame a nivel internacional que leva o nome de Ferrol, sendo a capital internacional do piano durante este mes de novembro.
Máis información aquí.
Galego