Primeira etapa do Camiño Inglés desde Cabanas

A primeira etapa celébrase o sábado 23 de setembro, e cubrirá os 30 kms que separan Ferrol de Cabanas, cunha duración estimada de cinco horas.
Programa "Camiño Inglés desde Cabanas"
Ferrolterra e Eume » Cabanas
23 Setembro
08:00

O Concello de Cabanas convida á cidadanía a gañar a Compostela realizando o Camiño Inglés en seis etapas. Unha ruta na que poden participar nenos e maiores, os primeiros acompañados dun adulto, e que ten o municipio de Cabanas como punto de referencia para saídas e chegadas. Será precisamente dende a Oficina Municipal de Turismo cabanesa, na contorna do parque do Areal, dende onde os participantes serán trasladados en autocar ao punto de inicio.

As persoas interesadas en tomar parte poden anotarse no departamento municipal de Cultura no teléfono 674 258 812, ou descargar os impresos da web municipal  e remitilos ao correo cultura@cabanas.gal.

As vindeiras etapas celebraranse da seguinte forma: 

  • 2ª etapa: sábado, 30 de setembro. Realizaranse os 21 kms de Cabanas a Betanzos, cunha duración estimada de catro horas e 15 mins.
  • 3ª etapa: sábado 7 de outubro, de Betanzos a San Paio, 18,1 kms e 4 horas.
  • 4ª etapa: sábado 14 de outubro, de San Paio a A Calle, 22 kms e 4 horas e 30 mins.
  • 5ª etapa: sábado 21 de outubro, de A Calle a Polígono do Tambre, 24,2 kms e 4 h e 45 mins.
  • 6ª etapa: sábado 28 de outubro, cubriranse os 5,3 kms para completar o Camiño a Compostela.

En todos os casos, o punto de encontro será a Oficina de Turismo e, a hora, ás 8 h. Así mesmo, ao inicio do Camiño facilitarase a credencial do Camiño de Santiago aos participantes para ir selándoa nos correspondentes puntos.

Galego