Quinta etapa do Camiño Inglés dende Cabanas
Continúa o Camiño Inglés a Compostela que promove o Concello de Cabanas a través das Concellerías de Turismo e de Deportes.

Ferrolterra e Eume » Cabanas
21 Outubro
08:00
Nesta ocasión, as persoas que participan na iniciativa cubrirán a quinta etapa, entre A Calle e o polígono do Tambre. Percorrerán pois os 24,2 quilómetros que separan ambos puntos nun tempo estimado de catro horas e 45 minutos.
Dende Cabanas, o Concello pon a disposición das persoas participantes un autocar gratuíto para iniciar a etapa en A Calle e tamén para regresar a Cabanas dende o polígono do Tambre ao remate.
Galego