"Recorda o que eu recodo" nas Torres do Allo
Este sábado, 27 de novembro, pechamos a programación do Mes do Patrimonio cunha morea de actividades no pazo máis antigo de Galicia

Costa da Morte » Zas
27 Novembro
16:00
Este sábado, 27 de novembro, pechamos ao grande a programación do Mes do Patrimonio cunha chea de actividades infantís e para adultos que realizaremos nas Torres do Allo a partir das 16:00 horas. Tomade nota!
Recorda o que eu record
- Demostración en vivo de traballos manuais e xogos tradicionais
- Visita á exposición temporal
Obradoiros para todos os públicos
- Trenzado de palla
- Xogos tradicionais, coa colaboración do Melga - Museo Etnolúdico de Ponteceso
Demostracións en vivo
- Cesteiría
- Fiado do liño
Contos con Celso Sanmartín (a partir das 19:00 horas)
E para rematar... castañas e música cos grupos da Asociación Cultural Adro.
IMPORTANTE: Tanto para os obradoiros como para a sesión de contos con Celso Sanmartín hai límite de prazas polo que é necesario inscribirse previamente no Centro Sociocultural de Zas (981 75 13 98), no de Baio (981 71 80 56) ou no enderezo electrónico info@torresdoallo.gal. Agardámosvos!
Galego