Remate da programación do FIOT 2017

Logo de case un mes e medio de variada e ampla programación, o FIOT pecha o calendario de actuacións co Certame de Microteatro Metro Cadrado (M2) de 11:00 h a 14:00 h e de 18:00 h a 21:00 h no segundo andar da Taberna O Mexillón da man de Iria Sobrado. E no programa de sala, a cía Contraproducións despide esta edición coa súa obra Fillos do sol, ás 20:30 h no Pazo da Cultura (entrada: 8€).
Así mesmo, o sábado remata a exposición Zoom FIOT 2016, localizada na sala de exposicións do Auditorio do Pazo da Cultura e que amosa as imaxes realizadas durante o festival na anterior edición dentro do Proxecto fotográfico Zoom FIOT, no que seis fotógrafos locais nos aproximan a momentos non sempre accesibles para os espectadores.
Ao igual que nas anteriores fins de semana, en nove locais de hostalería da vila atoparás "Dálle un bocado ao FIOT", con almorzos a 3€ e tapas a 2€.
Máis información aquí.