Rexenera Fest
Festival de arte pública entre o 3 e o 13 de xuño en Carballo

Costa da Morte » Carballo
03 Xuño a 13 Xuño
O Rexenera Fest, o festival de arte pública de Carballo, encherá unha vez máis as rúas de pinturas, brochas e pinceis durante dez días. Tanto os habitantes de Carballo como os visitantes poderán ver en directo como as e os creadores van transformando pouco a pouco o espazo urbano. Ademais, está previsto que se celebren actividades paralelas durante todo o festival, de entre as que destacan as visitas guiadas polos murais. Os artistas convidados este ano son os seguintes:
- Marta Lapeña (Madrid)
- MØU (Galiza)
- Franco Fasoli (Arxentina)
- Ana Langeheldt (Andalucía)
- Harsa (Aragón)
- Van Vuu (Catalunya)
Galego